Urutop Topografía Cartografía SIX  
Inicio  Topografía      Cartografía SIX Contacto
Urutop

Por que chamar a Urutop para a compraventa dunha finca?

O servizo que ofrecemos a compradores, vendedores e inmobiliarias contribúe a solucionar diversos obstáculos que sabemos, se presentan á hora de realizar a venta dunha finca.

De que maneira?

  • Ofrecendo ao vendedor e ao comprador a tranquilidade respecto á ubicación, dimensións e límites do ben.
  • Verificando a superficie real das fincas xa que polo xeral figuran na escritura con diferente área da real. Este aspecto é moi importante á hora de edificar ou parcelar a finca.
  • Evitando a falta de definición respecto aos límites naturais (támaras, cómaros, etc.) e por conseguinte, os problemas que poidan xurdir cos veciños.
  • O plano topográfico pode adxuntarse á escritura e certificar eses datos.
  • Realizando a xestión catastral correspondente aos efectos de adecuar os rexistros catastrais ás dimensións reais da finca.

Os beneficios que se obteñen ao ter resoltos estos problemas son maiores que o baixo coste que supón solucionalos.

  
 

 


E-mail:
info@urutop.es
Versión en castelán
2010 © Urutop, S.L.